GANGSTALKING – GALIZA

G A N G S T A L K I N G – G A L I Z A

2 0 0 5 / 1 1 / 0 1

A traducción da páxina de Liza Parker (nota)

[1] Hai poucos anos comezouse a dar en U.S.A. e en

Canada unha modalidade de acoso descoñecida ata o

momento. Un dos seus rasgos máis característicos é

que o acoso é levado a cabo por grupos ou bandas

organizadas de individuos, os membros das cales

resultan descoñecidos para a súas vítimas que se ven,

así, enfrontados a estraños que as abafan e parecen

coñecelas. O fenómeno (segundo algúns galegos que,

despois de ler estas páxinas” pensaron que podían

considerarse a sí mesmos “brancos”), parece que se

está a dar tamén en Galicia, onde parece que algúns

incluso o interpretan como “un movemento popular” e

intúese que pode estar a ser utilizado por bandas

criminais e por rapaces, e tamén constituír unha

forma de presión política e social. Sigue a traducción

dunha das páxinas ó respecto

http://www.gangstalking.ca/, feita por Liza Parker.

POSTED BY GANGSTALKING-GALIZA AT TERÇA-FEIRA, NOVEMBRO 01, 2005

0 COMMENTS

A C E R C A D E M I M

G A N G S TA L K I N G – G A L I Z A

VER O MEU PERFIL COMPLETO

L I N K S

L I G A Ç O N S

Outro texto em galego sobre acosso

grupal

A R C H I V E S

Novembro 2005

O texto de gangstalking.ca

Gang (ga[ng]):

Grupo de criminais ou bandidos que se xuntan para a

súa protección e proveito.Stalk (stôk) :

Seguir ou observar (a unha persoa) persistentemente,

especialmente por obsesión ou transtorno psíquico.

Gang stalkºing :

Grupo de criminais ou bandidos que se xuntan para a

súa protección e proveito, para seguir ou observar (a

unha persoa) persistentemente, especialmente por

obsesión ou transtorno psíquico. Tamén coñecido

como “cause stalking” ou “vengeance stalking”.

XENERALIDADES

O acoso por banda implica o uso de múltiples

individuos para acosar, fustrigar e burlarse dunha

vítima, así como esnaquizar propiedade privada.

Segundo as vítimas, isto ten lugar durante moitos

anos. Parece que unha vez que unha persoa é

convertida en branco, manten a condición de branco

durante toda a vida. O tema aparece tratado nesta

reseña do libro de David Lawson Acoso Terrorista en

América

Contra o branco úsanse técnicas de guerra psicolóxica

nun ataque metódico e ben orquestrado que con

frecuencia deixa a persoa que serve como branco como

vítima do ridículo entre os amigos e familia porque o

que ocorre é difícil de crer. Non obstante ocorre, e o

número de persoas convertidas en branco está a

aumentar ó punto de que estas poden contactar entre

sí e atopar que en tódalas partes se empregan as

mesmas tácticas. Estas tácticas, que tamén se

empregan no “maltrato sectario” teñen como

obxectivo debilitar a persoa convertida en branco ó

extremo do colapso físico e psicolóxico.

As razóns polas que unha persoa é escollida

inicialmente como branco poden variar. Algunhas

veces a persoa poder ser un activista político. Outras

puido estar nun sitio equivocado nun momento

equivocado. Ó parecer, incluso se coñeceron empresas

que contrataron a estas “bandas de acoso” para

silenciar a xente que fora empregada delas. Moitas

veces estas “bandas de acoso” puideron ser enganadasacerca do seu branco, fixoselles crer, por exemplo, que

a persoa é un depravado que debe ser expulsado da

cidade. As razóns soamente as limita a imaxinación.

Nalgúns casos, segundo Lawson, a persoaé

completamente inocente, pero é usada como branco

de adestramento ou como exemplo para mostrar a

outros no grupo qué lles ocorrerá se o “traizoan”. Isto

serve para manter os membros destes “grupos de

acoso” atados ó grupo polo intenso medo de ser

convertido en branco. É unha perspectiva

aterrecedora porque os membros da banda son

intimamente conscientes de que as vidas dos seus

brancos son completamente destruídas.

Moita xente pregúntase por que entraría ninguén

nunha actividade desta clase. A explicación psicoloxica

é, polo menos en parte, que que se trata dunha forma

de vinganza. Pode ser que os que perpetran o acoso

pensen que causar dano físico a unha persoa é

demasiado grave ou demasiado perigoso. De feito o

dano psicolóxico pode ser unha forma moito máis

efectiva de vinganza. Pode destruír a vida dunha

persoa deixando poucas probas ou ningunha para

incriminar os responsables.

Hai razóns engadidas para que isto continúe, xa que

non cada un dos participan no acoso saberá por que

unha determinada persoa se convirteu en branco. É

claro polas expresións das caras dos acosadores cando

se atopan cara a cara cos seus brancos que hai unha

forma viciosa de pracer que eles obteñen de acosar a

súa vítima. Gústalles o sentimento de “ter o control”.

Como calquera forma de comportamento relacionada

co maltrato e a violencia, esta é unha adicción que

necesita ser alimentada, así que as vítimas poden

seguir sendo brancos toda a vida. Se non seguisen, o

número de vítimas novas necesario para encher as

adiccións dos que perpetran o acoso podería atraer

demasiado a atención. Non por iso menos, o número

de individuos convertidos en branco está a aumentar.

Tal é a natureza do pozo sen fondo dentro deles,

sedento de emocións cada vez maiores. Para os

acosadores, os seus brancos son soamente a súa presa,

nun xogo que nunca remata. Pero non nosequivoquemos, calquera que sexa a razón detras del,

este é un crime de odio (hate crime).

DESCRICIÓN DAS ACTUACIÓNS

Os tipos de actuacións que teñen lugar son con

frecuencia sutís e ás veces non poden distinguirse das

cousas normais cotiás que van mal. No caso dunha das

persoas convertidas en branco, sen embargo, danse

certos comportamentos que non son normais ou

cotiáns na súa natureza. Son estas actuacións

anómalas as que permiten á persoa convertida en

branco saber que están a ser acosadas. É un reino de

terror psicolóxico que ten como obxectivo facer que a

vítima pareza tola e mantelo ou mantela nun

constante estado de ansiedade e tensión respecto ó

que vai suceder.

En 1944 houbo unha película titulada “Gaslight”,

(“Luz de Gas”), acerca dun home que tentaba volver

tola á súa muller. Dela derivouse o termo

·”gaslighting” (“facer luz de gas”). Segundo Ciudad

Slang, “facer luz de gas” a alguén e volvelo tolo

provocándolle intencionadamente confusión. A

expresión provén da película de 1944 “Gaslight”, na

que a doce herdeira, Ingrid Bergman, casa co

inquietante Charles Boyer, e este agarda conseguir a

súa herdanza volvéndoa louca. El convéncea de que

está a ver e ouvir cousas que non existen, incluíndo as

luces de gas (o que tiñan antes das lámpadas) que se

acenden e apagan cando el non está na casa. As sutís

técnicas usadas para facer que a muller dubide da súa

propia cordura son as mesmas técnicas usadas por

estes acosadores en grupo para enervar o branco. Para

ver unha reseña feita por Eleanor White dun libro

sobre o tema clicar eiqui

Os acosadores, por exemplo, (parece que sempre

teñen acceso ás casas dos seus brancos) poden ás

veces entrar na casa mentres o branco está fóra e

mover algunhas cousas un pouco. O branco ten a

impresión de que algo está mal, pero non pode sinalar

que cambiou. Esta é unha clara ilustración de que esta

actividade é un xogo do gato e o rato psicolóxico e tenpouco que ver con ningún tipo de dano palpable que

poida ser causado (como queimar a casa de alguén ou

roubar obxectos de valor).

Nalgúns casos o branco non sabe que está sendo

utilizado como branco. Só parece coma se o mundo

estivese cheo de xente moi maleducada e todo o que

el/ela tivese rompera constantemente (“a mala sorte”).

Segundo Lawson os acosadores non necesitan que o

branco saiba que el/ela foi convertido en branco para

satisfacer a súa necesidade interna de ter o poder.

EXEMPLOS DE ACTUACIÓNS

Espallar repetidamente lixo no céspede do branco.

Non enormes cantidades, senón, por exemplo, unha

cousa tódolos días – envolturas de caramelos, latas de

bebidas, vasiños de café, etc.

Que aparezan símbolos de grupo, con frecuencia

cunha vinculación satánica, como un pentáculo , cerca

da casa do branco.

Comportamentos hostís de persoas cando o branco

vai caminando,(facerlle un corte mangas ou xestos

parecidos coas mans).

Coches aparcados no exterior da casa do branco, con

frecuencia con persoas dentro sen facer

aparentemente nada. Nun incidente que me ocurreu

hai pouco unha limusina estaba aparcada no exterior

da miña casa (xustamente en fronte dunha escola

elemental) co conductor dentro e o motor a funcionar.

Eu estaba cruzando a rúa desde a casa para ir á escola

e tiña o conductor á espalda, pero puideno oír xirar o

coche nun xiro en U a moita velocidade. Cando subía

as escaleiras da escola oín a bucina. Dinme a volta e

estábame facendo un corte de mangas mentres se

afastaba. Nota: o coche estaba aparcado cando deixei a

casa e afastouse despois de que eu saira. ¿Que estaba

facendo aparcado alí? Evidentemente estaba

esperando a facerme o xesto. Só dous días máis tarde,

un rapaz que camiñaba pola rúa sostivo a man diante

da miña cara e chasqueou os dedos para obter a miñaatención. Cando o mirei, fíxome tamén un corte de

mangas.

Outra actuación é que os veciños partan ou cheguen

ó mesmo tempo que o branco. O outro día deixei a

miña casa a pé e había unha muller dobrando a

esquina máis próxima á casa. Estivemos camiñando a

unha cara á outra, e eu crucei a rúa querendo poñer un

pouco de distancia entre min e ela (en algún nivel

percibimos a miúdo que unha persona é un acosador

incluso antes de que fagan nada abertamente). Sen

perder un instante, tamén ela cruzou inmediatamente

a estrada (o modo en que o fixo producía a impresión

de que me estaba a imitar porque eu crucei moi de

repente e ela veu detrás dun xeito repentino e brusco)

. No lado da rúa onde eu crucei non había nada

excepto a escola (que a muller pasou de largo), de

modo que non había razón para comportarse así.

Atopei isto lixeramente agresivo, pero non me fixen

ningunha idea ó respecto ata que estiven camiñando

de volta á casa un cuarto de hora máis tarde e ela

estaba outra vez en fronte da casa, camiñando cara a

min no mesmo lado da rúa, pero desde a dirección

oposta. A vítimas informan repetidamente deste tipo

de comportamento – incluída a conduta imitativa.

Algo que acontece con frecuencia é ter a xente

mirando fixamente ó branco cunha mirada de través

ou burlona, normalmente cun sorriso na cara. Isto non

é un incidente illado, senón que acontece varias veces

ó día.

As persoas convertidas en branco informaron de ter

á xente dicíndolles cousas referidas demasiado

específicamente a algún aspecto das súas vidas. Eu

estiven recentemente discutindo con varias persoas a

posibilidade de aconsellar a persoas elixidas como

branco, xa que dispoño da formación apropiada para a

orientación psicolóxica. Ó sair do cine, alguén díxome

en voz alta ó pasar ó seu lado, “¡Ti podes aconsellarme

cando queiras!”

Un branco dixo que estivera falando por teléfono coa

súa filla dos imáns que hai no interior do refrixerador,e despois recibiu unha chamada dun descoñecido que

lle dixo :”Así que tes imans no refrixerador.” Outro

branco informou de que un completo descoñecido

sabía o nome do seu can “Dusty” e dixeralle entre

dentes, dun xeito ameazante, que apenas se podía oír:

“Preferiría ter a Dusty”. Isto é un modo altamente

efectivo de deixar saber ó branco que está, de algunha

maneira, baixo vixilancia, sen facer de feito nada

ilegal.

Moitos brancos informan de que os seus animais ou

parecen poñerse moi enfermos e morrer por causas

non coñecidas, ou son directamente asasinados (i.e.

cunha arma). En cada caso, o branco deixou o animal

só e ó tornar atopou o animal moi enfermo ou morto.

Xente cerca comportándose dún xeito absurdo. Os

brancos informan de que atopan “tolos” que se lles

achegan e lles berran. No meu caso eu vexo un vello de

55 anos de raza caucásica vestido como un “rapaz do

barrio” de 13, con xigantescos vaqueiros con bulsas,

acaneándose ó pasar. É unha visión absurda se un se

dán de conta de que a persoa vestida dese xeito ten o

pelo gris. Enervar a persoa elixida como branco e

chamar a atención sobre eles mesmos é o nome do

xogo.

Intenso acoso mentres se conduce – tódolos xestos

de mala educación que se poidan imaxinar na estrada,

excepto que iso ocorre cada unha das veces que o

branco sae. Isto inclúe arrimarse ó teu coche por

detrás, cortarche o paso e outros xestos hostís.

Os brancos informan de que os acosadores

intentaron botalos da estrada. Esta tamén foi a miña

experiencia. As persoas normais non atopan

condutores que se achegan a eles por detrás a moita

velocidade e despois pisan con forza os freos,

derrapando por detrás do seu obxectivo. Cando isto

me ocurreu (a finais do ano pasado), chamei ó 911 no

teléfono móbil e o condutor púxose a miña altura e

intentou empurrarme a un lado, ¡Estando eu ao

teléfono coa policía! Despois de case chocar

lateralmente contra min en varias ocasións, fixome uncorte mangas (outra vez) e afastouse.

Poñer xente en localizacións estratéxicas para

“vixiar” o branco. Un dos brancos informa de atopar

persoas vestidas con cores fixas como sinal de quen

son. Isto non é moi diferente do vello vestido como os

rapaces. É unha forma sutil de conseguir a atención do

branco. Non obstante ó branco non lle leva moito

tempo ser capaz de distinguir ós que o acosan antes de

que ocorran as condutas. Nalgúns casos hai en torno

deles un aire de audacia que é a miúdo acompañado

por contacto ocular directo – pénsese nos rapaces –

por mellor dicir, demos – cos bastóns de jockey na

película titulada “Dogma” e se terá unha idea do modo

no que esta xente se conduce. Este non é sempre o

caso –tamén está o caso como o da muller imitándome

na rúa, que tiña unha expresión baleira, como de

zombi na cara. Isto é máis común cando están a ter

lugar accións directas, de xeito que o branco non sabe

con certeza se a persoa é un acosador ou se trata só

dun deses incidentes que ocorrerán as veces e non

teñen relación con nada. A expresión audaz acompaña

normalmente ó mirar fixo sen actuación aberta.

Mantendo as actuacións sutís, o branco é mantido na

confusión e con dúbidas sobre eles mesmos e a súa

cordura.

Moitos brancos informan de repetidos problemas

cos seus coches ou outras máquinas. Cando o meu

coche era aínda novo, con só 50.000 kms., tiven que

facer que me desmontasen o motor e o prezo foi de

2,400$. Ocurreu, dun xeito bastante raro,

aproximadamente un mes despois de extinguirse a

garantía.

Moitos brancos sospeitaron que “falsos” obreiros

foron enviados ás súas casas. No caso dunha das

vítimas, esta tiña máis que só unha sospeita despois

do seguinte incidente. A muller conta que concertara

unha limpeza de ventás cunha empresa que xa

contratara noutra ocasión. Cando a compañía a

telefonou e lle dixo que estaban a pechar e lle podían

enviar outra empresa en vez deles, ela sentiu

aprehensión, pero aceptou. Cando as persoaschegaron a súa casa comezaron un elaborado xogo de

intentar desmoralizala dicíndolle que unha muller

esmorecera no xardín traseiro. Isto non tiña sentido

para ela e non lles respondeu. Despois dalgúns

intentos máis de facela ir ó xardín traseiro,

escoitoulles falar acerca de como matala. Cando colleu

o teléfono para chamar a policía, os “limpiaventás”

fuxiron.

Apremar e acurralar a unha persoa cando está fóra

da casa, i.e. ter a xente entrando no “espazo persoal”

desa persoa. Eu tiven recentemente este problema

cando comecei clases de aerobic. Alguén na clase

andábase a achegar demasiado cerca de min, i.e., a

unhas poucas polgadas de distancia, movéndose ata 10

pés através da habitación para seguirme. Cando lle

pedín que me deixara un pouco de sitio, ela dixo,

“¡Móvete ti!” Despois de que eu me movín, ela

afastouse de onde estivera apremándome e deixando

un oco de 20 pés, pero, tan pronto como volvín alí, ela

volveu tamén inmediatamente. Foi un tipo de

comportamento pasivo/agresivo, sutilmente hostil que

recordaba o modus operandi (MO) dos acosadores.

Destrución ou roubo de obxectos que teñen valor

sentimental para o branco. Por exemplo, eu non levo

xoias excepto un anel de zafiro que me deu o meu pai.

Un día o anel desapareceu e nunca o vin outra vez.

Os brancos a miúdo loitan con problemas de saúde –

fatiga extrema, mareo, dores de cabeza, dor abdominal

e muscular. Aínda que a tensión pode ser a única

razón, pode haber tamén outros factores involucrados,

incluíndo un componente electrónico do

fustrigamento. Se se pensa que este é o caso, ver

“fustrigamento electrónico”

“Cegueira con luces”, unha táctica do acoso sectario

e unha forma de tortura. Supón dirixir luces brillantes

sobre o branco – ou desde coches que se achegan ou

desde casas veciñas. Desde que eu fun consciente de

que estaba a ser acosada, en cada un dos sitios onde

residín (tres incluíndo a miña propia casa da que tiven

que marchar), houbo unha casa próxima cun focodirixido cara a ventá do meu dormitorio. Nun caso eu

sabía con seguridade que o veciño non era un

acosador. Sen embargo, o único que se necesita é que

alguén reoriente as luces do exterior da casa de

alguén- o acosador non ten, de feito, que estar a vivir

alí. Tamén, se estou a camiñar cara a casa despois de

anoitecer, 9 de cada 10 veces haberá un coche

aparcado na rúa (no mesmo punto sempre) coas luces

acesas e cara a min. Afastarase cando me achego.

Apremar ou acurralar con coches. Experimentei isto

a pé, camiñando cara a casa. Haberá un exorbitante

número de coches nunha pequena rúa lateral que eu

baixo. Isto ocurreume tantas veces que xa non é unha

coincidencia. A última vez eu estaba a camiñar por esa

rúa, o meu fillo estaba comigo e eran cerca das 11 da

noite dun Mércores. Sen que mencionara as miñas

sospeitas, o meu fillo dixo, “Vaia, hai moitos coches

por aquí para ser tan de noite”. Estábamos na rúa

sospeitosa cando o dixo. (Un dos extremos da rúa non

ten saída, e tódolos coches ían cara a alí. Nunca me

parei a ver que facían cando chegaban, terei que facelo

a seguinte vez.) Outras persoas experimentan isto

cando van no coche – algúns informaron de ser

rodeados por un convoi de vehículos.

Moitas das actuacións de enriba son mencionadas no

libro de David Lawson, Terrorist Stalking in Acoso

Terrorista en América.

Tamén, ver dous artigos aparecidos no Toronto Star

acerca do comportamento típico da vixilancia grupal

extremista. (O Toronto Star é un respectado xornal

convencional).

SENSIBILIZACIÓN : ¿COMO OCORRE?

Débese ter coidado ó asumir que outras persoas sexan

acosadores. É necesario familiarizarse co concepto de

“sensibilización” porque describe como se é

condicionado por estes grupos.

Por unha banda, hai actividades deseñadas

especificamente para facer saber ó branco que alguénpertence ó grupo dos que o acosan. Eles necesitan

facer isto para que o branco saiba que está a ser

acosado. Por exemplo, supoñamos que por certo

tempo o branco vira por todas partes persoas que

levaban compases e despois parara. Isto non é

sensibilización, porque practicamente non hai sector

da pobación que leve compáses con el e os empregue

aleatoriamente en público (non estamos nun camping

nin nunha reunión de scouts na que isto ocorra). Así

que, cando se ve a alguén utilizando compás, é para

facer saber que esa persoa é un acosador. Sería

verdadeiramente raro que alguén usase unha e non o

fora.

Igualmente alguén que me fai un corte de mangas ten

o 99% de posibilidades de ser un acosador, porque eu

non estou a facer nada que o provoque, como conducir

dun xeito agresivo ou sequera ollar con desaprobación

a ninguén (isto é forzar un pouco as cousas, pero só

quero pór de manifesto que non é un corte de mangas

“provocado”.).

A sensibilización ten un “efecto dominó”. Os

perpetradores só teñen que empuxar a primeira ficha

porque o resto cae só. As persoas que a empregan

andan a tirar proveito da psicoloxía humana. O

proceso de sensibilización permite que, unha vez que

se cae na conta de que se está a ser acosado, as tácticas

poidan facerse más sutís, e incluso volverse

indistinguibles dos sucesos cotidians normais.Para os

brancos leva a posibilidade de que, despois dun

tempo, se perda a perspectiva do que é “normal” e se

empece a reaccionar a cousas que xa non gardan

relación cos perpetradores. Porei un exemplo.

Por un período de tempo, quizais un mes, envian

moitos cómplices xunto a un con ordenadores

portátiles. Fan algunhas cousas obvias como mirarte

fixamente por moi longos períodos de tempo, ou sorrir

burlonamente para obter a túa atención, ou incluso

fan estraños movementos de mans – algo fóra do

ordinario para captar a túa atención. Como resultado

desta campaña de ataque, os ordenadores portátiles

chegan a asociarse cos acosadores na túa mente. Estafoi a intención dos acosadores. Ti estás agora

sensibilizado. (A primeira ficha de dominó foi

empurrada polos acosadores).

Despois disto, eles poden reducir o número de xente

xunto a ti que estea a levar ordenadores portátiles ata

o punto de parar completamente. Isto é porque agora

ti asumes que calquera levando un ordenador portátil

é un acosador. (O resto das fichas de dominó caen

soas). O problema é que unha certa parte da

poboación leva naturalmente ordenadores portátiles.

Sen embargo, se eles te condicionaron tan ben que te

esqueces diso, vas estar ansioso cada vez que vexas un

estraño cun ordenador portátil. Cantos máis

ordenadores portátiles vexas, máis alto subirían a túa

ansiedade (e a túa colera). Se estás moi tenso, eles

poden ter a vantaxa engadida de verte atacar a alguén

que leve un ordenador portátil. E quizais incluso

conseguir acusarte de algo. Ó final non importa se esa

persoa é un acosador ou non – ti estás condicionado a

pensar que o é.

Isto aplícase a calquera clase de condicionamento.

Poderían ser furgonetas brancas ó respecto das que

eles te condicionaran. Poderían ser camisetas

vermellas ó respecto das que eles te sensibilizaran.

Non importa, porque, unha vez que ti estás

sensibilizado, TI serás o teu peor inimigo.

Temos que estar constantemente a vixiar para

recordar o que é “normal” e non supoñer que cada

camioneta branca ou cada persona que vista unha

camiseta roxa é un perpetrador. Hai que resistirse a

ser sensibilizado. Si un pode decirse a sí mesmo, “Esta

persoa pode non ser un perpetrador – carezo de

motivos para supoñelo”, isto forza ós perpetradores a

actuar dun modo moi manifesto para captar a

atención. Iso significa que se arriscan a ser

descubertos. Pero, se se reacciona ó menor detalle,

enton a sensibilización ganou a batalla e os

perpetradores venceron. E posible resistirese a ser

sensibilizado, así que non hai que deixar de intentalo.

¿COMO PODEMOS COMBATER ISTO?A única maneira de combater isto é xuntándonos e

apoiándonos entre nós. Mantendo as vítimas illadas,

os acosadores teñen pouco medo de que as súas

actividades sexan descubertas. Pero xuntos temos

forza. Pouco a pouco podemos aumentar a conciencia

no público de que isto está a suceder. En círculos

terapéuticos a isto chámaselle “normalizar”. É o que

ocorre cando alguén di, “Está ben que digas que estás

a ser acosado porque está a ocorrer”. Noutras

palabras, algo considerado “anormal” polo público

escéptico vólvese normal polo peso das nosas

testemuñas. Como as mulleres que un día estaban

demasiado avergoñadas para dicir á xente que foran

violadas porque carrexaban un serio estigma social, as

persoas que están a ser obxecto dun acoso por banda

son imediatamente vistas como tolas sen que se lles

dea o beneficio da dúbida. O que nos dará a

credibilidade é o recoñecemento ó que temos dereito é

a “normalización” da idea de que o acoso por banda

está a suceder.

Hai risco na asociación pola tendencia natural dos

acosadores a abafar as vítimas, pero non podemos

deixar que iso nos deteña. Doutro xeito quizais

teñamos que esperar moito tempo para que se nos

crea, se chega a ser o caso.

Hai un foro electrónico creado por Eleanor White

(http://www.multistalkervictims.org/ Eleanor é unha

entregada activista que traballa incesantemente para

facer chegar á xente o que está a ocorrer. Visitar o seu

site para obter instrución para unirse ó foro.

No meu outro site acerca do Acoso Electrónico:

http://www.eharassment.ca/, creei unha rede de

vítimas para axudar a xente a entrar en contacto. Case

tódalas vítimas de acoso electrónico son tamén

vítimas de acoso por banda. Non estou segura de ata

que punto o contrario é certo. Falei con moita vítimas

de ámbolos dous.

Websites:- Vítimas de Acoso-Múltiple:

http://www.multistalkervictims.org/ (cún foro en

yahoo).

– Cidadáns Contra O Acoso Comunitario e

Tecnolóxico:

http://www.c-a-t-c-h.ca/

– Deter a guerra encuberta:

http://www.stopcovertwar.com/

ARTIGOS SOBRE O ACOSO POR BANDA E TEMAS

RELACIONADOS:

De Pronto Ten un Nome: Acoso por Banda. (copia de

reserva)

¿Por qué? ¿”Acoso por banda?” Quizais? (copia de

reserva)

Asociación de Información sobre o Acoso Psicolóxico

GRUPOS DE DISCUSIÓN:

(1) Acoso “de causa” :

http://groups.yahoo.com/group/Cause_stalking/

(2) Acoso por banda :

http://groups.yahoo.com/group/gangstalking/

(3) Violencia Electrónica :

http://groups.yahoo.com/group/Electronic_Violence/

(4) multistalk – para vítimas de acoso “por banda”.

Non se permite o debate de temas relacionados co

acoso electrónico. Para más información ver:

http://www.multistalkervictims.org .

(5) mcforums: para vítimas de control da mente e

vítimas de acoso electrónico e acoso “por banda”. Para

máis información ver:

http://www.mindcontrolforums.com/(Nota: Algúns forums conteñen moita violencia verbal

e xogos psíquicos no interior do grupo. Se un encontra

que se sinte peor despois de unirse a un foro en

concreto, eu recomendaría moito deixalo e buscar un

diferente.)

Termos de Búsqueda Utiles (en Inglés):

Bullying

Stalking

Mobbing

“psychological harassment”

“psychological violence”

POSTED BY GANGSTALKING-GALIZA AT TERÇA-FEIRA, NOVEMBRO 01, 2005

0 COMMENTS

Published by Fernando Santamaría Lozano

Barely a life, no bio.

Leave a Reply

Discover more from Un blog sobre asuntos varios

Subscribe now to keep reading and get access to the full archive.

Continue reading